Canción Comunista-Roberto Sobrado

Volveu o inverno, camarada, e a rutina do deber.
Un ano máis, compañeiros, quixera manter a fe,
e quixera seguir crendo que xuntos podemos cambiar
para cegar ó ben colectivo sobre o individual.

E eu non posúo a verdade nin vos vou mostrar a luz,
non quero que me sigades, non son o voso gurú,
só quería falarvos dun vello soño de igualdade,
sanidade e educación, as bases desa sociedade,
que medrará alimentada pola paz e a tolerancia,
entre pobos e razas reparto das abundancias,
e nada de caciques, especuladores nin guerras,
nin bloqueos nin bombardeos o pobo é quen máis ordena.

Saberás que estou cansado, aínda que non viva mal,
e penso seguir cantando, eu quixera facer máis,
porque anque viva coma un burgués, a familia é proletaria,
labrega, nacionalista, desa xente que non cala.

E como vou calar eu se inda hoxe me sinalan
por cantar na miña lingua, por falar dos camaradas,
dos que deron a vida, dos que morreron pola espalda,
Bóveda, Allende, Guevara, Reboiras, Lorca, Víctor Jara.
Non pido vinganza tan só quero dignidade,
as bombas e os conflictos deixémosllos ós yanquis.
Máis cedo ca tarde abriranse as alamedas,
nós temos o don da palabra. ¡Venceremos, Ay Carmela !

Cando se alonguen os días, agárdote camarada,
nun vintecinco de abril, ou na primavera do Sahara.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s